Bueno, segunda entrada no blog xa.
Nesta entrada falarei sobre unha noticia bastante interesante, en especial para os usuarios de
Facebook.
Hoxe sae no suplemento do
diario El Mundo, El Navegante que
Facebook terá o seu propio cemiterio virtual para os usuario que realicen o pasamento.
Os máis de 300 millóns de usuarios desta rede social poderán recordar ós seus seres queridos a través de internet.
Os perfís serán privados para evitar bromas pesadas e retiraranse a información persoal do usuario(fotos, mensaxes anteriores...) para evitar un mal trago á familia que teña que velos regularmente.
Esta idea xorde en vista dos estudos realizados, nos que se pode ver que o grupo que máis medra en
Facebook é o das mulleres superiores a 55 anos.
Este servizo suporá un avance comunicativo importante, xa que aqueles contactos cos que só nos comunicamos pola rede, aos que ninguén notifique a nosa morte, poderán ser informados de igual maneira.
A verdade é que era un servizo "necesario", é un bo complemento para unha rede social, que fai que se pareza máis á vida real e axilice o contacto en momentos malos para unha familia. Afórralles traballo á familia á hora de comunicarllo a todos os amigos e coñecidos do falecido.
Penso que ben podía ser extendido a outras redes sociais, non creo que tardemos en velo noutras redes de gran tamaño.
Bueno, pois deixo este tema aí, se alguén quere comentar que comente e cambiamos impresións entre todos.
Un saúdo!
Video tutorial do novo
Facebook (inglés).