Mostrando entradas con la etiqueta Fútbol. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Fútbol. Mostrar todas las entradas

10 mar 2011

Outra do EU

O Ebbsfleet United volveu a sorprenderme. Xa o fixera coa peculiar maneira de xestionar o club que referimos en entradas anteriores, e desta vez amosaron que no plano deportivo tamén son unha escadra un tanto especial.
No diario Marca atopei o día 13 de febreiro a nova de que o porteiro do Ebbsfleet United, Preston Edwards,  marcou un novo récord, foi expulsado cando transcorrían tan só 10 segundos de partido.
O máis cómico da situación foi que non había un arqueiro suplente para saltar ao campo, co cal, un dos xogadores de campo, Tom Phipp tivo que enfundarse as luvas e intentar deter a pena máxima cometida polo porteiro que foi expulsado, (motivo do cartón vermello).
Non o fixo mal de todo o improvisado gardarredes do conxunto visitante que case detén o penalti, malia todo, sucumbiron por 3-0 diante do Farnborough, no duelo entre o actualmente 4º clasificado contra o segundo da Blue Square South. Así e todo, esperemos que o noso equipo sexa quen de asaltar o liderado da clasificación, xa que eu declárome fervoroso afeccionado deste singular equipo de fútbol inglés.




21 may 2010

O Real Madrid

Velaquí a historia do Real Madrid por medio dun podcast.
Espero que vos guste.
:)

11 nov 2009

O club da Internet


Seguindo pola rama do fútbol atopamos outro curioso caso na compra e xestión de clubes por internet. A noticia (coma a da anterior entrada) está sacada do diario Marca.
A comunidade MyFootballClub de afeccionados do Ebbsfleet United, reuniu a 20.000 socios para mercar o club. A razón dunha cota de 50 euros pódese formar parte da xestión deste modesto club. O obxectivo era facer realidade un ascenso histórico.
O proxecto triunfou coa consecución en 2008 do FA trophy no Wembley Stadium.
Lamentablemente o club corre perigo e está ao borde da desaparición, dos 20000 socios só 3000 renovaron.
Pois dende aquí unha mensaxe de ánimo e desexarlles unha temporada sen sobresaltos. A ver se ascendesen para que saísen no FIFA polo menos.
Un saúdo.
Info.:

4 nov 2009

A curiosa venda do Tranmere Rovers


Esta vai de fútbol.
Esta noticia xa saíu fai tempo no diario Marca. Un club de fútbol inglés foi posto á venda en ebay polo "módico" prezo de 7 millóns de euros.
Este equipo é o Tranmere Rovers, que milita na terceira división inglesa. O presidente do club, Peter Johnson, pediulle á firma americana Donorch Capital que lle atopase un comprador ó equipo. A esta firma non se lle ocorreu mellor opción que poñelo no portal de compra-venda de obxectos máis visitado do mundo.
Johnson foi moi crítico coa empresa á que contratou, e ordenou retirar o anuncio o máis rápido posible. Tamén pediu disculpas ós afeccionados que amosaron a súa decepción polo acontecido.

Fontes:
- Marca

Contador de visitas