O Ebbsfleet United volveu a sorprenderme. Xa o fixera coa peculiar maneira de xestionar o club que referimos en entradas anteriores, e desta vez amosaron que no plano deportivo tamén son unha escadra un tanto especial.
No diario Marca atopei o día 13 de febreiro a nova de que o porteiro do Ebbsfleet United, Preston Edwards, marcou un novo récord, foi expulsado cando transcorrían tan só 10 segundos de partido.
O máis cómico da situación foi que non había un arqueiro suplente para saltar ao campo, co cal, un dos xogadores de campo, Tom Phipp tivo que enfundarse as luvas e intentar deter a pena máxima cometida polo porteiro que foi expulsado, (motivo do cartón vermello).
Non o fixo mal de todo o improvisado gardarredes do conxunto visitante que case detén o penalti, malia todo, sucumbiron por 3-0 diante do Farnborough, no duelo entre o actualmente 4º clasificado contra o segundo da Blue Square South. Así e todo, esperemos que o noso equipo sexa quen de asaltar o liderado da clasificación, xa que eu declárome fervoroso afeccionado deste singular equipo de fútbol inglés.
No hay comentarios:
Publicar un comentario