16 nov 2009

Nova forma de buscar música con Google

Como apuntaban os rumores, Google implantou un novo sistema de busca de música en EEUU.
Este sistema permitiranos atopar cancións aínda que descoñezamos o título, simplemente poñendo parte da letra no buscador.
Aínda se está a probar, xa que foi implantado o día 2  de novembro, segundo Google, este servizo axudará a artistas, discográficas, compositores e produtores así como aos usuarios a obter música de forma legal.
Consideran o servizo unha fonte de ingresos para artistas, discográficas etc.
Unha innovación máis de Google, que nunca deixará de sorprendernos. Agardo con impaciencia a súa próxima mellora.

Fontes:

11 nov 2009

O club da Internet


Seguindo pola rama do fútbol atopamos outro curioso caso na compra e xestión de clubes por internet. A noticia (coma a da anterior entrada) está sacada do diario Marca.
A comunidade MyFootballClub de afeccionados do Ebbsfleet United, reuniu a 20.000 socios para mercar o club. A razón dunha cota de 50 euros pódese formar parte da xestión deste modesto club. O obxectivo era facer realidade un ascenso histórico.
O proxecto triunfou coa consecución en 2008 do FA trophy no Wembley Stadium.
Lamentablemente o club corre perigo e está ao borde da desaparición, dos 20000 socios só 3000 renovaron.
Pois dende aquí unha mensaxe de ánimo e desexarlles unha temporada sen sobresaltos. A ver se ascendesen para que saísen no FIFA polo menos.
Un saúdo.
Info.:

4 nov 2009

A curiosa venda do Tranmere Rovers


Esta vai de fútbol.
Esta noticia xa saíu fai tempo no diario Marca. Un club de fútbol inglés foi posto á venda en ebay polo "módico" prezo de 7 millóns de euros.
Este equipo é o Tranmere Rovers, que milita na terceira división inglesa. O presidente do club, Peter Johnson, pediulle á firma americana Donorch Capital que lle atopase un comprador ó equipo. A esta firma non se lle ocorreu mellor opción que poñelo no portal de compra-venda de obxectos máis visitado do mundo.
Johnson foi moi crítico coa empresa á que contratou, e ordenou retirar o anuncio o máis rápido posible. Tamén pediu disculpas ós afeccionados que amosaron a súa decepción polo acontecido.

Fontes:
- Marca

3 nov 2009

Presentación dos sistemas operativos

Velaquí unha presentación bastante humilde que fixen acerca dos tres sistemas operativos máis usados na actualidade. É bastante breve asique non debería haber ningún problema na súa comprensión. Se hai algún deixade un comentario e procurarei solucionar as vosas dúbidas.

A cidade fantasma

Entrada número tres.
Hoxe para falar dun curioso erro que pode parecer un feito paranormal incluso. Isto ten que ver con Google Maps.
No servicio de mapas de Google pódese ver unha cidade que non existe!
Esta cidade denomínase Argleton, e está situada no medio duns campos que rodean a autopista M58, ó sur de Ormskirk.
O servizo que proporciona os datos a Google Maps, Tele Atlas, comprometeuse a borrar a cidade do mapa.
A verdade é que sería interesante viaxar a ese sitio, como algúns xa fixeron, para comprobar como é e imaxinarnos como podería ser unha poboación situada nese enclave.
Pois outra nova curiosa que nos deixa internet e os seus erros.

Imaxe do xornal inglés telegraph



Fontes:
- Suplemento do diario El Mundo, El Navegante.
- Diario Inglés Telegraph


2 nov 2009

O cemiterio virtual de Facebook


Bueno, segunda entrada no blog xa.
Nesta entrada falarei sobre unha noticia bastante interesante, en especial para os usuarios de Facebook.
Hoxe sae no suplemento do diario El Mundo, El Navegante que Facebook terá o seu propio cemiterio virtual para os usuario que realicen o pasamento.
Os máis de 300 millóns de usuarios desta rede social poderán recordar ós seus seres queridos a través de internet.
Os perfís serán privados para evitar bromas pesadas e retiraranse a información persoal do usuario(fotos, mensaxes anteriores...) para evitar un mal trago á familia que teña que velos regularmente.
Esta idea xorde en vista dos estudos realizados, nos que se pode ver que o grupo que máis medra en Facebook é o das mulleres superiores a 55 anos.
Este servizo suporá un avance comunicativo importante, xa que aqueles contactos cos que só nos comunicamos pola rede, aos que ninguén notifique a nosa morte, poderán ser informados de igual maneira.
A verdade é que era un servizo "necesario", é un bo complemento para unha rede social, que fai que se pareza máis á vida real e axilice o contacto en momentos malos para unha familia. Afórralles traballo á familia á hora de comunicarllo a todos os amigos e coñecidos do falecido.
Penso que ben podía ser extendido a outras redes sociais, non creo que tardemos en velo noutras redes de gran tamaño.
Bueno, pois deixo este tema aí, se alguén quere comentar que comente e cambiamos impresións entre todos.
Un saúdo!

Video tutorial do novo Facebook (inglés).




Fontes:
- Suplemento do diario El Mundo, El Navegante.
- Youtube

Contador de visitas