Os formatos de audio utilízanse para almacenar información que será reprducida en forma de audio. Ata aí parece sinxelo, pero temos varios xeitos de almacenar esta información:
Wav, (Waveform Audio Format) É un formato de audio sen compresión de arquivos, que, polo tanto, precisa moita memoria para almacenar un só arquivo. Foi desenrolado por IBM e Microsoft, propietarios deste formato.
A pesar desta limitación por causa da magnitude dos arquivos, é utilizado por profesionais debido a que non se perde calidade nos arquivos almacenados.
MP3, (ISO MPEG Audio Layer3) É un formato de audio que combina gran calidade e compresión dos arquivos. Foi desenrolado en Alemania en 1986 e en 1992 a Moving Picture Experts Group aprobouno oficialmente. Pode comprimir arquivos 10 veces o seu tamaño.
AIFF,(Audio Interchange File Format) Formato estándar para gardar arquivos de son en computadoras
persoais desenrolado por Apple en 1988. Comprime sen ningunha perda de calidade no son, pero precisa 10 MB para un minuto de son en estéreo. Procesa rápido o sinal.
Non comprime os arquivos pero permite a interpolación entre arquivos de vídeo e de audio. É un formato contenedor. Recoméndase utilizar a extensión .oga para arquivos de audio, e a extensión .ogv para os de vídeo.
FLAC, (Free Lossless Audio Codec) Formato que non produce perda de calidade e permite recompoñer o audio, coa desventaxa de que éste ocupará moito.
WMA, (Windows Media Audio) Propiedade de Microsoft, tén a versión de compresión con perda de calidade e a versión sen perda. Foi creado con fins comerciais para introducilo no Windows Media Player. Este formato tén unha estrutura para protexer o seu Copyright.
Datos en forma de números que se corresponden coas notas.
Fonte: Wikipedia
E ata aquí esta pequena introdución nos principais formatos de audio que se empregan actualmente.
Un saúdo!