10 mar 2011

Outra do EU

O Ebbsfleet United volveu a sorprenderme. Xa o fixera coa peculiar maneira de xestionar o club que referimos en entradas anteriores, e desta vez amosaron que no plano deportivo tamén son unha escadra un tanto especial.
No diario Marca atopei o día 13 de febreiro a nova de que o porteiro do Ebbsfleet United, Preston Edwards,  marcou un novo récord, foi expulsado cando transcorrían tan só 10 segundos de partido.
O máis cómico da situación foi que non había un arqueiro suplente para saltar ao campo, co cal, un dos xogadores de campo, Tom Phipp tivo que enfundarse as luvas e intentar deter a pena máxima cometida polo porteiro que foi expulsado, (motivo do cartón vermello).
Non o fixo mal de todo o improvisado gardarredes do conxunto visitante que case detén o penalti, malia todo, sucumbiron por 3-0 diante do Farnborough, no duelo entre o actualmente 4º clasificado contra o segundo da Blue Square South. Así e todo, esperemos que o noso equipo sexa quen de asaltar o liderado da clasificación, xa que eu declárome fervoroso afeccionado deste singular equipo de fútbol inglés.




15 jun 2010

Glogster

Pois si, aquí temos unha páxina que nos brinda un novo servizo bastante entretido, Glogster.
Con él, podemos crear carteis online para plasmar neles o que queiramos. É tan sinxelo como crear unha conta e utilizar todas as opcións que se nos dan.
Sen máis explicacións, aí vos queda o traballo que fun capaz de realizar con Glogster. Agardo que vos guste e vos animedes a comezar no mundo glogger.
:)




21 may 2010

O Real Madrid

Velaquí a historia do Real Madrid por medio dun podcast.
Espero que vos guste.
:)

4 may 2010

Os Formatos de audio

Os formatos de audio utilízanse para almacenar información que será reprducida en forma de audio. Ata aí parece sinxelo, pero temos varios xeitos de almacenar esta información:

Wav, (Waveform Audio Format)
É un formato de audio sen compresión de arquivos, que, polo tanto, precisa moita memoria para almacenar un só arquivo. Foi desenrolado por IBM e Microsoft, propietarios deste formato.
A pesar desta limitación por causa da magnitude dos arquivos, é utilizado por profesionais debido a que non se perde calidade nos arquivos almacenados.

MP3, (ISO MPEG Audio Layer3)
É un formato de audio que combina gran calidade e compresión dos arquivos. Foi desenrolado en Alemania en 1986 e en 1992 a Moving Picture Experts Group aprobouno oficialmente. Pode comprimir arquivos 10 veces o seu tamaño.
Foto de blogefl.
AIFF,(Audio Interchange File Format)                                     
Formato estándar para gardar arquivos de son en computadoras
persoais desenrolado por Apple en 1988. Comprime sen ningunha perda de calidade no son, pero precisa 10 MB para un minuto de son en estéreo. Procesa rápido o sinal.

Non comprime os arquivos pero permite a interpolación entre arquivos de vídeo e de audio. É un formato contenedor. Recoméndase utilizar a extensión .oga para arquivos de audio, e a extensión .ogv para os de vídeo.

FLAC, (Free Lossless Audio Codec)
Formato que non produce perda de calidade e permite recompoñer o audio, coa desventaxa de que éste ocupará moito.

WMA, (Windows Media Audio)
Propiedade de Microsoft, tén a versión de compresión con perda de calidade e a versión sen perda. Foi creado con fins comerciais para introducilo no Windows Media Player. Este formato tén unha estrutura para protexer o seu Copyright.

Datos en forma de números que se corresponden coas notas.

Fonte: Wikipedia

E ata aquí esta pequena introdución nos principais formatos de audio que se empregan actualmente.
Un saúdo!

3 may 2010

De novo, Ivoox

Si, de novo, utilizamos Ivoox como medio para publicar as creacións de audio que facemos na clase. Desta vez, creamos un podcast cun poema do Camiño de Santiago e unha banda sonora de música clásica. Velaquí o resultado.
Agardo que vos guste.
Una saúdo.
:)


26 abr 2010

Ivoox

Pois eso, de novo deixando unha entrada. Canto tempo vai dende a última... e canto tardará en chegar a seguinte...
Hoxe só é para falarvos de Ivoox, un portal no cal podemos colgar a nosa música e crear un reproductor tal que este.
As cancións desta montaxe son:
Savage Garden - Crash and Burn
Maroon 5 - She will be loved
James Blunt - Your beautiful
Atomic kitten - It's Ok
Aproveitando as probas co Audacity subo esta composición coa miña música, agardo que vos guste.
Un saúdo ;)

16 mar 2010

Festival da Viaxe a Roma 2010 do MGB

Velaquí a música que soou durante o festival para recaudar fondos para a viaxe dos alumnos de bacharelato do MGB. O son está gravado en rigoroso directo. Agardo que vos guste.




Contador de visitas